
O Concello de Nigrán e a Coral Novos Aires organizan este sábado día 21 de decembro ás 19:30 horas un Concerto de Nadal no Templo Votivo do Mar de Panxón, no que tamén participará o Coro Clásico de Vigo. Os asistentes poderán escoitar temas como “O neno durmía”, “Ave María”, “Noche de Paz”, “Mariñeiro”, “Mazapán con miel” ou “Navidad”, e para finalizar, ambas as dúas agrupacións interpretarán “Adeste Fideles”.