Baiona lembra que en Nadal e Aninovo non haberá recollida de lixo

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Camión do servizo de recollida do lixo de Baiona.

O Concello de Baiona recorda a través dun bando que con motivo das Festas de Nadal e Aninovo, o servizo de recollida de lixo e de limpeza viaria non se prestará os días 25 de decembro de 2019 e 1 de xaneiro de 2020. O alcalde, Carlos Gómez, pide a colaboración de todos os cidadáns nestas datas de boa vontade e convivencia.