O IEM despide o ano cunha charla sobre o Mosteiro de Oia

FOTO: REAL MOSTEIRO DE OIA

O Instituto de Estudos Miñoráns organiza este venres 20 de decembro ás 20:00 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira Nº 10 baixo, Gondomar) unha charla de Xoán Martínez, Director Executivo do Grupo Vasco Gallega de Consignaciones, co título “Mosteiro de Oia, unha loita pola rehabilitación e sostibilidade”. Ao remate haberá uns petiscos e uns viños para despedir o ano.