Nigrán acolle dende o venres ao domingo torneos solidarios de xadrez, patinaxe e baloncesto

O Concello de Nigrán colabora este fin de semana en tres torneos solidarios de Nadal nos que os deportistas participantes e o público asistente aportarán comida non perecedoira destinada ao banco de alimentos do propio Concello, xestionado a través dos Servizos Sociais.

Así, desde o venres ao domingo terá lugar no Auditorio Municipal o XXV Torneo de Xadrez Laroca. Comezará o venres ás 18:50 horas con un Lóstrego de sete roldas a 5+3, continuará o sábado ás 9:45 con un Sub-1600 a 45+15 a seis roldas (catro o sábado e dúas o domingo pola mañá) e o domingo ás 16:00 horas comezará o FIDR a seis roldas de 10+5. A mañá do venres o Auditorio Municipal estará ocupado co festival solidario do CEIP Humberto Juanes. Xa pola tarde terá lugar no Pavillón Municipal de Panxón de 16:00 a 20:00 horas un festival solidario de patinaxe artística.

O sábado dará comezo tamén no Pavillón o VI Torneo CB Nigrán “Encesta un Alimento” con preto de 700 nenos inscritos e que se desenvolverá ata o domingo.

Finalmente, os tradicionais papanoeles surfeiros de Patos, tamén cun fin solidario de recadación de alimentos, cambian a data prevista do domingo 22 ao martes 24 ante o prognóstico de mal tempo.

Anuncios