Gondomar apraza a celebración do Belén Vivente

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ // Nacemento Vivente en Gondomar.

O Concello de Gondomar informa que, debido ás malas previsións meteorolóxicas previstas para este domingo, o Belén Vivente que se ía a celebrar no Parque da Coelleira aprázase unha semana, ata o domingo 29 de decembro. O Nacemento, organizado pola Concellería de Cultura coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais San Benito, volverá realizarse o 5 de xaneiro.

O Belén conta habitualmente coa participación de máis de medio centenar de veciños. Situado no Parque da Coelleira, cun muíño xunto ao Río Miñor, onde se poden contemplar pequenos pescadores e lavandeiras, froitería, panadería, leitería, taberna, cerámica, cestería, serrería, zona de repasado e costura, taller de carpintería, unha escola, un pozo, e como non, a Virxe María, San Xosé e o Neno Xesús, acompañados dos Anxos. Tampouco faltan os animais, entre os que podemos atopar a mula e o boi, póneis, galiñas, coellos, cabras, ovellas…

Anuncios