Nigrán leva ao Carteiro Real aos colexios

O Concello de Nigrán, como xa é tradición, enviará durante toda esta semana ao Carteiro Real aos colexios públicos do municipio que solicitaron este ofrecemento que por terceiro ano consecutivo fai Concello. O enviado das Súas Maxestades de Oriente iniciou o seu traballo de recollida de cartas este luns na Escola Infantil Dunas (Panxón), onte no CPI Arquitecto Palacios e CEE Panxón, hoxe no CEIP de Camos e Mallón e o venres será Papá Noel quen visite A Galiña Azul.

Os Reis Magos fixeron este encargo para exercer de Carteiro Real en Nigrán ao Rei Midas, quen ademais entregou caramelos aos nenos e lles informou que o venres 27 volverá a estar recollendo cartas no Auditorio Municipal dende as 17:30 horas (coincidindo coa celebración dun contacontos infantil). Previamente á visita do Carteiro Real, o Concello entregou nos colexios as cartas deseñadas ex-profeso pola nigranesa Olalla Fernández para que os nenos escriban as súas peticións.

Anuncios