A Concellería de Cultura de Baiona informa que debido ás malas previsións meteorolóxicas nos vindeiros días, realizarase cambios na programación do BaiNadal 2019-2020.
– O concerto de Rivergood en Sabarís previsto para este sábado 21 trasládase ao 30 de decembro ás 20:00 horas no mesmo lugar.
-O pasarrúas do Mini Bus de Papá Noel, previsto para os días 20, 21, 22 e 23 de decembro, queda da seguinte maneira:
• Sábado 21 de decembro de 17:30 a 20:30 horas. Papá Noel e o Grinch visitarán as principais rúas de Baiona (Saída de Carabela Pinta).
• Martes 24 de decembro de 17:30 a 20:30 horas. Papá Noel e o Grinch visitarán as principais rúas de Baiona (Saída de Carabela Pinta).
• Xoves 2, venres 3, sábado 4 e domingo 5 de xaneiro, pasarrúas do Mini Bus con Frozen e Olaf de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 20:00 horas. Agás o día 5 pola tarde que participarán na Gran Cabalgata dos Reis Magos.
Recordar tamén que xa houbo un cambio anterior, no concerto a cargo de “LEBARLUTHIER PIANO-BAR”, previsto para o 14 de decembro e que trasladouse ao 4 de xaneiro ás 12:30 horas en Carabela Pinta.
A Concellería de Cultura do Concello de Baiona e a Asociación de Comerciantes e Empresarios, senten moito estes nunca mellor dito “contratempos”, pero non é factible realizar as actividades ao aire libre con mal tempo, de aí que mirando polo interese xeral tómase a decisión de trasladar as actividades para outra data na que esperamos podan cumprir o seu cometido, que non é outro que entreter e facer que a veciñanza e visitantes desfruten da nosa Vila.

