VI Concerto Benéfico de Nadal do Conservatorio de Música de Gondomar

Todo preparado no Auditorio Municipal Lois Tobío para acoller a VI edición do Concerto Benéfico de Nadal a cargo do Conservatorio Municipal de Gondomar, mañá mércores 18 de decembro a partir das 19:00 horas. No programa, as actuacións dos grupos instrumentais, o coro e a orquestra do centro cuxos alumnos/as mostrarán aos asistentes os seus dotes e avances na arte musical.

Un concerto no que ademais de comprobar o labor que se realiza no centro non esquece o seu carácter solidario nestas datas, de maneira que o público asistente convértese nun colaborador necesario, xa que poderá depositar antes de acceder á sala bolsas de alimentos non perecedoiros que, posteriormente, desde o departamento de Benestar Social farase chegar aos veciños máis necesitados do municipio.

O Conservatorio Elemental de Música de Gondomar conta con máis de 30 anos de vida e na actualidade cursan nel os seus estudos de música 65 alumnos, nalgunha das súas especialidades: piano, guitarra, saxofón, clarinete, violín e viola.

Anuncios