Javier Villamarín e José Rodríguez gañan o Torneo de Nadal de bolos celta por parellas

FOTO: FEDERACIÓN GALEGA DE BOLOS // Javier Villamarín e José Rodríguez.

Este sábado xogáronse nas canchas de bolos de Camos-Nigrán as semifinais e final do Torneo de Nadal de bolos celta por parellas, que comezou no mes de outubro con 31 parellas. Desenrolouse durante os meses de novembro e decembro, e tras a disputa dos oitavos e cuartos de final o pasado fin de semana, hoxe xogouse a fase final.

A clasificación final foi a seguinte:

Campión: BOLOS MAÑUFE (Javier Villamarín-José Rodríguez).
Subcampión: BOLOS BAREDO (Daniel Álvarez-Óscar Martínez).
Terceiro clasificado: BOLOS SOBREIRO (Diego Pérez-Manuel Iglesias).
Cuarto clasificado: BOLOS CEÁN (Jairo Fernández-Gabriel Fernández).

Anuncios