Gondomar reforma os baños do CEIP Souto Donas “ante a pasividade da Xunta”

O Concello de Gondomar acaba de levar a cabo a reforma dos baños do CEIP Souto Donas, “ante a pasividade e inoperancia da Xunta de Galicia, que é a administración que ten a obrigación e non o fai”, critica o alcalde, Paco Ferreira. “Despois de moitos anos esperando e pedirlle á Xunta (que son os obrigados en atender este tipo de obras e a competencia exclusiva para facelos) e facer caso omiso ás nosas demandas, ás da comunidade educativa e ANPA, vímonos obrigados a levar a cabo nós mesmos e con recursos propios as obras”, lamenta Ferreira, ao mesmo tempo que sinala que non dá crédito como a Xunta non cumpre coas súas obrigacións, “sobre todo nun servizo básico e elemental como a educación e os nosos mozos”.

Anuncios