Gondomar abre as inscricións para as VII Xornadas Deportivas e Solidarias de Nadal

O Concello de Gondomar vén de abrir o prazo de inscrición para participar nunha nova edición das Xornadas Deportivas e Solidarias de Nadal, organizadas pola Concellaría de Deportes, pensando nos máis cativos/as da casa. Serán tres días para gozar e descubrir os deportes de sempre e tamén modalidades descoñecidas, os beneficios de practicalo e aprender a importancia de manter uns hábitos de vida saudables. Dirixidas a nenos/as de entre 6 e 12 anos, desenvolveranse os días 23, 26 e 27 de decembro. Os interesados poden inscribirse no Pavillón Municipal Bernabé Costas de Miranda ata o 19 de decembro en horario de 17:00 a 20:00 horas. Para participar deberán achegar como mínimo 2 quilos de alimentos non perecedoiros.