Onte no Concello de Baiona reuníronse o alcalde, Carlos Gómez Prado, e o representante da Asociación Benéfico Social de Pais e Amigos da Esperanza do Val Miñor, José Santoro Pumarega, para rubricar o documento de colaboración entre as dúas entidades. O Concello e a Asociación representante do Centro Juan María manteñen a continuidade dos convenios legalmente establecidos. Unha das colaboracións máis especiais neste ano 2019 entre as dúas entidades é a da celebración das Pre Badaladas, para a cal os usuarios do Centro Juan María están a deseñar o reloxo que anunciará a vinda do novo ano 2020.
Baiona renova o convenio de colaboración co Centro Juan María

