Aberto o prazo de solicitudes para participar no certame “Decorando Baiona no Nadal”

FOTO: CONCELLO DE BAIONA // Mi Casa, premio na categoría de orixinalidade e innovación.

O Concello de Baiona abre o prazo de presentación de solicitudes para todos aqueles comercios e establecementos do municipio que queiran participar no certame convocado pola Concellería de Cultura para a decoración das fachadas, escaparates e do interior dos seus establecementos comerciais durante a Campaña do Nadal 2019-2020. O prazo estará aberto dende este mércores ata o 17 de decembro. Máis información na web do concello www.baiona.org e no taboleiro de anuncios do Concello.