A rúa Tomás Mirambell de Baiona permanecerá pechada ao tráfico este venres

A Concellería de Vías e Obras de Baiona informa que este venres día 13 de decembro cortarase o tráfico na rúa Tomás Mirambell para a realización de traballos de alfaltado por parte da Deputación de Pontevedra. A vía permanecerá pechada de 8:00 a 20:00 horas.