O alcalde de Nigrán, Juan González, acompañou esta mañá aos usuarios e traballadores de xardinería do Centro Juan María ao acto de reforestación da primeira canteira do Porriño devolta a titularidade municipal para ser rehabilitada como espazo natural (posibilidade aberta polo Real Decreto 975/2009).
Así, usuarios do propio CEE Juan María e de Aceesca no Porriño levaron a cabo a plantación de mil piñeiros nunha parcela de 3 hectáreas que fora explotada pola empresa Cantera Ferro ata o ano 2010. No acto tamén estiveron presentes as autoridades municipais do Porriño e da Dirección Xeral de Minas.
O espazo fora sometido previamente a un proxecto de rehabilitación e integración na contorna que incluíu un gran recheo de terra para salvar o oco de 500.000 metros cúbicos e os taludes superiores aos 50 metros de altura.

