Baiona apraza o XXI Cros Escolar do Val Miñor

Ante as malas condicións meteorolóxicas previstas para o vindeiro domingo 15 de decembro, a Concellería de Deportes de Baiona decidiu aprazar o XXI Cros Escolar do Val Miñor para o domingo 19 de xaneiro. Mantéñense as mesmas condicións horarias co único cambio da data de desenvolvemento do mesmo. O prazo de inscrición amplíase ata o 15 de xaneiro de 2020. Os xa inscritos poderán recoller os dorsais no Pavillón Municipal a partir do venres día 13 de decembro. Máis información nos teléfonos 986 356 558 ou 679 196 881, no fax 986 358 078 ou a través do correo electrónico deportes@baiona.org.