Xornada de plantación de castiñeiros en Camos

FOTO: CONCELLO DE NIGRÁN

O vindeiro sábado 14 de decembro a Comunidade de Montes en Man Común de Camos vai levar a cabo unha xornada de plantación de castiñeiros. Será nun rodal de monte por arriba do barrio da Cruz, na zona denominada “as Santistas”, entre “as tomadas do Merlo” e “a Carballeira”.

O punto de encontro será ás 11:00 horas no exterior do CEIP da Cruz. Recoméndase levar roupa e calzado axeitado para a plantación e se é posible, ferramenta manual propia para encher os buratos. Haberá froita, auga e chouripán de balde. Máis información e inscricións no correo cmvmcdecamos@gmail.com ou no teléfono 635 045 185.

Anuncios