O GES do Val Miñor inicia unha recollida de alimentos

O servizo de emerxencias do Val Miñor, GES, vai realizar unha recollida de alimentos nos tres municipios da comarca para todas as familias con necesidades. Os alimentos recadados entregaranse aos departamentos de Servizos Sociais dos Concellos, os cales se encargarán de repartilos. A campaña comezará este sábado día 7 de decembro na Praza do Concello de Nigrán, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas.

Desde o GES animan a que sexan tamén os nenos da casa os que leven os alimentos para concienciarlles das necesidades que existen dentro do propio municipio e o importante que é unirse para axudar a quen o necesite. En próximos días irase informando das datas nas que estarán nos outros dous municipios.

O que máis se necesita é arroz, verduras na lata ou bote, salsa de tomate, albóndegas en conserva e leite.