Nigrán ofrece este sábado o seu primeiro Bingo Solidario de Nadal e un concerto de Argonat Band

O Concello de Nigrán ofrece este sábado no Auditorio Municipal, dentro da súa programación especial de Nadal, o seu I Bingo Solidario, dende as 17:00 horas, e posterior concerto de Argonat Band ás 20:00 horas.

O fin deste primeiro bingo solidario é recadar alimentos non perecedoiros que o departamento de Servizos Sociais do Concello repartirá entre as familias que máis o precisan. Deste xeito, para poder participar é preciso doar algún produto (conservas, pasta, arroz, aceite, legumes…). O bingo constará de 6 premios para as primeiras 6 liñas e outros 6 para os primeiros 6 bingos.

Posteriormente, ás 20:00 horas, terá lugar o concerto de Argonat Band tamén no Auditorio Municipal. Trátase dun grupo de R&R e Pop configurado por oito acordeóns, violín, gaita, baixo eléctrico e batería que fan versión dos grandes clásicos baixo a dirección de Juan Bande.