José Alberto Villarroel, do Club Serra de Gondomar, récord galego en tiro con arco

O Pavillón Municipal de Galán, en Arteixo, acolleu este sábado o 4º Torneo da Liga Galega de Sala 2019-2020 para as divisións de Arco Espido, Instintivo e Long Bow nas clases Prebenxamín, Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Sénior e Veterano, tanto de Mulleres como de Homes.

Na división de Instintivo, José Alberto Villarroel Salgueiro, de 43 anos de idade e integrante do Club Serra de Gondomar, estableceu un novo récord galego na clase Sénior Masculina, obtendo 275 puntos, superando a marca anterior establecida en 267 puntos.

No torneo, organizado polo Club Arc-Teixo, participaron 27 clubs e 92 atletas na liña de tiro.

Anuncios