Ao igual que os anos anteriores por estas datas celebrarase o Concurso de Decoración do Nadal para os establecementos de Baiona. As bases sairán publicadas no BOPPO e haberá 7 días naturais para presentar as solicitudes dende a data de publicación.
A decoración da fachada, escaparate e do interior do establecemento deberá ter como motivo principal o Nadal e deberán estar decorados e expostos como mínimo dende o día 5 de decembro, data do acendido das luces de Nadal, ata o 6 de xaneiro de 2020, ambos os dous inclusivos.
Dende o Concello e especialmente dende a Concellería de Cultura queren animar e agradecer aos establecementos a participación neste concurso conseguindo na vila unha ambientación máis axeitada para estas datas.

