Sin categoría

Observación ornitolóxica na Foz do Miñor

O Concello de Nigrán e o Grupo Local SeoBirdlife Pontevedra ofrecen este sábado 30 de novembro de 10:00 a 13:00 horas unha observación ornitolóxica a cargo de dous expertos no esteiro de A Foz (A Ramallosa). O punto de encontro é na entrada ao Centro da Terceira Idade de A Ramallosa. A organización disporá de prismáticos e dous telescopios de alta gama, ademais dunha guía. Recoméndase aos asistentes acudir con roupa e calzado axeitado a este tempo.

A desembocadura do Miñor concentra gran cantidade de hábitats, e durante esta época do ano de pasos migratorios neste humidal poden apreciarse tanto aves acuáticas como mariñas, aves rapaces ou paxariños palustres que buscan refuxio nas súas ribeiras. Durante o itinerario guiado deste espazo protexido poderían apreciarse aves limícolas (mazaricos, biluricos, pilros, píllaras…); diferentes especies de patos, garzas, rálidos, corvos mariños; paseriformes como o picapeixes ou a espectacular aguia pescadora en acción.