O alcalde de Baiona, Carlos Gómez, recibiu este mércores na Casa do Concello a altos mandos da Garda Civil de Ourense, Pontevedra, Baiona e da GNR Portuguesa. Aproveitando a recepción, Gómez mantivo unha reunión cos mandos da Garda Civil e a GNR onde, entre outros temas, trataron a colaboración de ambos os dous corpos que vén realizando desde hai varios anos, como se viu reflectido no seu momento neste concello.
O alcalde de Baiona reúnese coa Garda Civil e a GNR portuguesa

