
O Auditorio Lois Tobío de Gondomar acolle este domingo 1 de decembro a IV Gala Solidaria “Tecendo Sonhos con Uxía e a Nf1”, baixo o lema “Se nos axudas seremos máis camiñando”. O evento, que comezará ás 16:30 horas, está organizado pola Asociación Galega Tecendo Sonhos “Agaltes”. Contarán coas actuacións de Daniela Fernández, Diego Pacheco e Cía, CB Deportivo Bailavigo, Cristina Seijo, D’Tres, Flic Flac e LDanzia.
Para asistir á gala haberá que achegar un donativo de 2 euros, que dará dereito a unha rifa para varios sorteos. Tamén hai a posibilidade de realizar donativos na conta ES65 0049 2509 34 2494103611. Todo o diñeiro recadado será destinado a sufragar os gastos, seguimento e tratamento de Uxía Fernández Noiva na unidade do Hospital San Joan de Deu en Barcelona.