
Manifesto Miñor-En Marea organiza este xoves, día 28 de novembro, unha charla-coloquio sobre os timos no recibo da luz e a pobreza enerxética. Terá lugar ás 20:00 horas no Centro Neural de Gondomar, impartida polo deputado no Parlamento Galego, Pancho Casal, e presentada por Antonio Araújo.
Convidan á veciñanza a que leven consigo os recibos da luz, que ademais de lle axudar a “descifrar” o seu contido, poderán comprobar como existen diferentes posibilidades legais para conseguir rebaixalo e que non lles rouben.
“Como reflexión de toda esta grandísima estafa, debemos ter en conta que mentres Galicia leva historicamente producindo e exportando electricidade con grandísimos custes sociais e medio ambientais, resulta que a día de hoxe os galegos somos os que máis caro pagamos a corrente eléctrica de todo Estado”, sinala Araújo.