Nigrán inviste 44.200 € do Plan Concellos en elementos de xogo e 71 luminarias LED

O Concello de Nigrán vén de investir 30.000 euros a cargo das baixas do Plan Concellos 2017 da Deputación de Pontevedra en elementos de xogo infantil para espazos públicos empregados polo alumnado de Camos, Mallón e As Barxiñas (A Galiña Azul). A maiores, e tamén a través das baixas da Deputación, o Concello investiu 14.200 € en 71 luminarias LED para a rúa Pablo Iglesias de Priegue.

En concreto, tanto para Mallón como para Camos o Concello adquiriu material por valor de 23.268 €, en ambos casos adquiriuse un conxunto modular de inspiración medieval con tobogán, rocódromo, barra de bombeiros etc, e que consta dentro da estrutura de 4 paneis didácticos de xogos accesibles e inclusivos (un deles para desenvolver roles, outro que fomenta a coordinación ollo-man, outro para conectar parellas de imaxes e, finalmente, un panel que simula o mostrador dunha tenda). No caso do espazo das Barxiñas o Concello adquiriu elementos de motricidade Pikler (balancín ponte, cubo para gateo, módulo ponte de madeira, cubo de escalada, un panel de escalada, unha tarima pikler e unha colchoneta de gateo), unha casa-invernadoiro e un conxunto Cubic Toy con escaleira, tobogán, túneles e cubos multixogo.

A maiores, e tamén dentro deste plan de baixas, o Concello investiu 14.199 € en 71 luminarias LED para a rúa Pablo Iglesias de Priegue que substituirán os antigos puntos de vapor de sodio. Tal e como xa se fixo en todo o centro urbano e boa parte do municipio, a nova medida suporá reducir a potencia de consumo entre o 51 % e o 80 %, o que ao mesmo tempo implica diminuír as costas de funcionamento das instalacións de alumeado público e, sobre todo, permitiralle ao Concello optimizar o gasto enerxético neste ámbito contribuíndo á sostibilidade medioambiental.

Anuncios