Sin categoría

Ouro para Cristian Suárez e bronce para Anxo Lomba no Triangular Internacional

O Club de Loita Sabarís conseguiu este sábado dúas medallas no Triangular Internacional Escolar de Loitas Olímpicas disputado no CGTD de Pontevedra. O loitador Cristian Suárez fíxose co ouro en 70 kg, mentres Anxo Lomba levou o bronce en 40 kg, ambos na modalidade de Loita Libre Olímpica. En Grecorromana participou o nigranés Lois Cabreira, en 62 kg, quedando clasificado en 5ª posición. Os tres, acompañados do seu adestrador Juan López, competiron coa Selección Galega, enfrontándose ás seleccións portuguesa e española.