“Retallos de San Cosme” con Anxo Rodríguez Lemos en Baíña

A Cafetería e Centro Cultural e Social de Baíña organiza este domingo 24 de novembro ás 18:30 horas a conferencia “Retallos de San Cosme”, impartida por Anxo Rodríguez Lemos. Falará do eremitorio de San Cosme, da granxa do mosteiro de Santa María de Oia, do santuario do século XVIII, de contrabando e escopetas, da fame, tesouros encantados e santos aos que se lle lavaba a cara para que chovese.

Anuncios