Baiona convoca unha cadea humana contra a violencia de xénero

Baiona conmemora o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero convocando ao colectivo escolar e á toda a veciñanza á formación dunha cadea humana. Este evento artellado dende a Concellería de Igualdade e o CIM espera contar coa participación de máis de 1000 persoas. Terá lugar na contorna do casco vello de Baiona. A actividade enmárcase na programación do “Novembro Lila”, e o obxectivo xeral é involucrar á toda a comunidade educativa, formando unha cadea humana que simbolice a unión de toda a comunidade educativa e a sociedade en xeral contra a violencia de xénero.

Os obxectivos específicos son manifestar o rexeitamento contra a violencia de xénero e o apoio ás vítimas; cultivar unha actitude cívica, solidaria e de corresponsabilidade cos asuntos públicos; promover o diálogo e a reflexión en torno á sensibilización e prevención da violencia de xénero; e fomentar la educación en valores.

Para o desenvolvemento da actividade parten da participación activa e as achegas de cada centro educativo, poñéndoas en valor por ser un área fundamental na procura dunha convivencia igualitaria e libre de discriminación. Debido á previsión dunha afluencia masiva, xa que está confirmada a asistencia de todos os centros educativos do municipio, contan cun operativo de seguridade especial coa colaboración da Policía Local, Protección Civil e Ambulancia.

Salientar a especial colaboración do alumnado do Ciclo de Animación Sociocultural e Turística do 1º de Marzo e o transporte a cargo de ATSA e Galisur, que colaboran gratuitamente sumándose a esta iniciativa. Desde a Concellería de Igualdade animan á toda á veciñanza que se queira sumar a esta cadea a que se congregue na rúa Elduayen, diante do edificio de Capitanía Marítima, ás 10:30 da mañá, á espera de instrucións para manter unha orde na organización.

A pesares de que as previsións climáticas son favorables de cara o Luns, aprazarase o evento en caso de choiva.

Por outra banda, ás 13:00 horas no Concello inaugurarase a exposición dos debuxos realizados polo alumnado da ESO e Bacharelato dos centros educativos de Baiona presentados ao concurso de Debuxo e slogan en conmemoración do 25N, e daranse a coñecer os traballos premiados.