Villas Marineras inicia as mesas de traballo para crear os Sabores Mariñeiros do Camiño de Santiago

Enmarcado no produto turístico conxunto das Villas Marineras e do seu Plan Estratéxico, o obxectivo do proxecto denominado Sabores Mariñeiros do Camiño de Santiego é o deseño dun produto de turismo gastronómico, coherente cos recursos existentes, dirixido a peregrinos co fin de que identifiquen o territorio Villas Marineras e, ou ben regresen realizando outro tipo de turismo (familiar, de natureza, cultural, mariñeiro, etc.) ou que sexan prescritores de Villas Marineras unha vez regresen aos seus lugares de orixe.

Así, os Concellos de Baiona (Galicia), Ribadesella, Llanes (Asturias), San Vicente de la Barquera, Santoña e Laredo (Cantabria), a través da Rede Villas Marineras iniciaron as actuacións para a definición dos produtos gastronómicos que identifican a cada Vila e que forman parte da súa cultura gastronómica, sendo o sector dos restaurantes crave para o deseño da oferta peregrina deste Roteiro Gastronómico polo Camiño de Santiago ao seu paso polas Vilas, con tres nexos de unión fundamentais: Villas Marineras, o Camiño e a gastronomía.

Para iso, programáronse diferentes mesas de traballo co sector hostaleiro co obxectivo de acordar o produto gastronómico que identifica a cada Villa Marinera, buscando a autenticidade, a identidade e nalgún caso, a vinculación histórica ou cultural co Camiño.

Nestas sesións fíxanse tamén os parámetros de adhesión dos restaurantes que son:

1) Poder ser Puntos de Información ao Peregrino informándolle sobre a etapa do Camiño, recursos, traslados, o tempo, aloxamento, e en definitiva poder orientarlle no que necesite ao seu paso pola Villa Marinera. Facilitarase para iso aos restaurantes un dossier que recollerá toda a información necesaria.

2) Identificar nas súas cartas polo menos un dos sabores mariñeiros que se fixaron como prioritarios e que son a identidade gastronómica da Villa Marinera.
Informarase ademais ao peregrino no material promocional sobre outros servizos que pode ofrecer o restaurante como menú do peregrino, picnic para levar, wifi, entre outros.

Os restaurantes adheridos contarán cunha promoción gratuíta diferenciada, orientada ao peregrino que visite as Villas Marineras no desenvolvemento do Camiño de Santiago, e terá tamén acceso a unha asesoría personalizada sobre comunicación e márketing social media do seu restaurante.

As mesas de traballo co sector dos restaurantes desenvolvéronse xa nas vilas de Baiona, Llanes, San Vicente de la Barquera e Santoña. As próximas citas serán: Laredo, o luns 25 de novembro ás 17:00 horas e Ribadesella o día 28 de novembro ás 11:00 horas.

Anuncios