Os alumnos do CPI Arquitecto Palacios e do CEE de Panxón asisten a unha charla sobre alimentación

Esta mañá os alumnos e alumnas do CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios e do CEE de Panxón asistiron a unha charla coa nutricionista Amil Viéitez, creadora da dieta coherente. Unha vez terminada a charla os alumnos puideron facerlle diferentes preguntas sobre os alimentos, diferenzas entre peixe azul e branco, que tipo de pan é mellor,como metaboliza o noso corpo o azucre dos alimentos, etc.

O motivo desta actividade, organizada polo comedor do CEE de Panxón, é o próximo cambio á dieta atlántica e ao consumo de produtos de proximidade. Esta charla repetirase mañá xoves ás 18:00 horas no salón de actos do CPI plurilingüe Arquitecto Palacios para todos os/as pais e nais da EEI Dunas e do CPI Plurilingüe Arquitecto Palacios. Esperan a asistencia de todos os pais.

Anuncios