Podemos pide que o Concello de Nigrán se sume ao proxecto dos “bancos da amizade”

Xoán Álvarez e Antía Fernández do Círculo Podemos Nigrán, presentaron o 19 de novembro unha moción por rexistro, para que o Concello de Nigrán se sume ao proxecto dos “bancos da amizade”. Dita iniciativa foi levada a cabo no Concello de Gondomar e cren unha boa idea contribuír na creación dunha Vila máis amable en prol do traballo dos bos valores, rexeitando o acoso e promovendo a empatía.

Anuncios