Unha unidade móbil de doazón de sangue estará hoxe en Parada e Ramallosa

FOTO: ALBERTO RODRÍGUEZ

Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia visitará este venres 15 de novembro o municipio de Nigrán. Estará situada diante do Centro Cultural da Carrasca, de 16:00 a 18:30, e na Ramallosa, de 19:00 a 21:00 horas. Todo aquel que desexe doar sangue poderá facelo no horario indicado. Se é a primeira vez que se doa hai que levar consigo o DNI.