Nigrán ofrece este domingo unha festa familiar de outono no Auditorio Municipal

O Concello de Nigrán ofrece este domingo desde as 17:30 ás 20:00 horas no Auditorio Municipal unha festa familiar de outono a cargo de Voltereta e Volvoreta. Esta arrancará co contacontos acumulativo “A estraña visita” e despois Co conto participativo “A min non me comas”. A continuación, realizarán catro obradoiros infantís inspirados nos animais máis representativos do outono. A festa esta destinada a nenos e maiores sen importar a idade e a entrada é de balde ata completar o aforo.

Anuncios