Casting en Nigrán para a próxima película de Dani de la Torre

O Concello de Nigrán cederá as tardes do 21 e 22 de novembro o Auditorio Municipal para a celebración do casting de busca de actores e actrices para a vindeira película de Dani de la Torre, autor de “El Desconocido”. Escrita por Albert Espinosa, a longametraxe será rodada en Galicia e para elo precisan adolescentes de entre 13 e 17 anos. Ao tratarse de menores, os asistentes ao casting, de non acudir acompañados dos seus pais, deberán traer asinada unha autorización que xa está a disposición dos interesados na planta baixa do Concello. O casting, que comezará ás 16:00 horas, constará dunha breve conversación duns 2 minutos gravada en vídeo (en ningún momento será publicada ou emitida en algún medio ou formato).