Gondomar asina o convenio de colaboración con “Bai sen pulgas”

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e a presidenta da Asociación “Bai sen pulgas”, Tatiana Álvarez, subscribiron hoxe o convenio de colaboración anual entre o Concello e o colectivo, dotado de 1.500 euros. Mantén o goberno local o seu compromiso e apoio coa asociación destacando a súa labor para garantir o benestar dos animais que sofren abandono, malos tratos ou están en unha situación de risco. “Actividades que supoñen un ben para os cans, pero tamén repercute positivamente a nivel social e comunitario do noso concello”, destaca Ferreira.

Anuncios