O Auditorio de Nigrán acolle unha selección das mellores curtas do FICBUEU e un coloquio co seu director

O Concello de Nigrán colabora co Cineclub Alice Guy Val Miñor para ofrecer este xoves 14 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal unha escolma das mellores curtas internacionais do 12º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU), celebrado nesta localidade do 6 ao 14 de setembro de 2019. Ademais da proxección, asistirá o director do festival, Manuel Pena, co fin de establecer un coloquio co público.

As curtas que se proxectarán son:
– Cadoul de Craciun, Romanía, 23 minutos. Ánfora de Ouro FICBUEU 2019
– Lake of Happiness, Bielorrusia/Alemaña, 30 minutos. Ánfora de Prata FICBUEU 2019.
– Mémorable, Francia, 12 minutos. Premio do Público FICBUEU 2019
– Nursery Rhymes, Australia, 5 minutos.
– Skin, EEUU, 20 minutos.

O Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu nace en 2008 coma un espazo de difusión da cultura cinematográfica en formato curto, para abrir unha fiestra cara ese cinema local e internacional de calidade a cotío vetado ao gran público. Este ano, o FICBUEU celebrou a súa duodécima edición cunha intensa e coidada programación.

Anuncios