Festas de San Martiño en Borreiros

A parroquia gondomareña de Borreiros celebra este sábado 16 de novembro as festas na honra de San Martiño. Ás 12:00 do mediodía celebrarase a Misa Solemne con sermón seguida de procesión acompañada polo grupo de gaitas “Cores do Sobreiro” de Borreiros, que ofrecerá un concerto ao finalizar. Ás 18:00 horas actuarán os gaiteiros e pandeireteiras do Sobreiro, e a partir das 21:30 horas comezará a verbena co grupo Aramio e o trío Lasser. Durante todo o día haberá castañas e viño tinto. O recinto estará cuberto cunha gran carpa.

Anuncios