Sin categoría

18 mulleres participan nun curso de manipulador de alimentos en Baiona

Este martes iniciuose en Baiona un curso de “Manipulador de Alimentos” ao que asistirán 18 mulleres do municipio.

Esta formación xorde ao amparo do “Programa de activación para o emprego das mulleres de Baiona” executado pola Concellería de Igualdade, que busca orientar e formar para a consecución da inserción laboral das mulleres de Baiona.

Actualmente o programa está axudando a 25 mulleres en situación de desemprego a atopar una nova oportunidade no mercado laboral. Preténdese mellorar as súas habilidades na procura de emprego, dar a formación e as ferramentas necesarias para aumentar as súas posibilidades na obtención dun posto de traballo.