Unha persoa trasladada despois dun incendio que deixou danos nunha casa en Baiona

Unha persoa precisou asistencia médica esta mañá despois de declararse un incendio que afectou a unha casa unifamiliar no termo municipal de Baiona.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a persoa moradora da vivenda foi trasladada a un centro hospitalario ao presentar síntomas por intoxicación de fume. Por outra banda, o lume deixou danos nos tres andares da vivenda e calcinou por completo a cociña e o salón.

Os feitos sucederon na rúa Guarda, á altura do número 17, ao fío das 10:10 horas.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia para dar conta do incendio e, nada máis ter constancia do lume, os axentes do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES e Protección Civil do Val Miñor, aos Bombeiros do Porriño e de Vigo e á Policía Local.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, as labores de extinción do incendio finalizaron ao redor das 11:30 horas.

Anuncios