Castro e Ladeira négase a trasladarse ao Multiusos Ángel Bedriñana

FOTO: CASTRO E LADEIRA // O tesoureiro, presidente e secretario da asociación.

A Asociación Castro e Ladeira négase a abandonar o local social de Sabarís, onde está proxectada unha das dúas vivendas sociais do Concello. Hoxe reúnense coa Corporación Municipal para falar do traslado. Desde o goberno ofrecéronlle un local no Multiusos Ángel Bedriñana, baixo a Praza de Abastos de Baiona, pero desde a Asociación queren continuar a súa actividade nun local en Sabarís. “Pensamos que este non é só un problema dun colectivo, é dunha parroquia enteira”, sinalan desde a entidade. Polo cal, convocan unha asemblea para este sábado día 9 de novembro ás 19:30 horas no salón de actos do Colexio de Sabarís para tratar a situación. “Se se quere hai alternativas, o que non hai é vontade política. Neste momento contamos con cinco concelleiros veciños desta parroquia, gustaríanos que pelexasen por nós, por e para Sabarís, senón sempre nos atoparán de fronte”, conclúen.

Anuncios