A Agrupación Musical de Vincios homenaxea aos seus directores no Día da Música

A Agrupación Musical de Vincios celebra este sábado o Día da Música cun concerto no Centro Cultural ás 20:00 horas. No marco do 40 aniversario da fundación da escola de música, a banda dedica este concerto a todos os directores que formaron parte da institución. Ademais, os catro directores convidados non só asistirán ao concerto senón que participarán activamente.

Se ben a escola de música se fundou no ano 1979, a banda presentouse publicamente no ano 1983, baixo a batuta de Valentín Davila. No 1996, tomou o relevo Telmo Costas que dirixiría a banda ata o 2000, ano no que pasou a dirixila Juan Luis Costas. No 2014, Francisco Valcárcel tomou a testemuña ata 2018, data na que o actual director, Adrián Viñas, colleu a batuta da formación.

Anuncios