Nigrán abre o luns o prazo de inscrición para a Ludoteca de Nadal

O Concello de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un ano máis a “Ludoteca de Nadal” co obxectivo de favorecer a conciliación da vida laboral, persoal e familiar. O campamento está destinado a nenos e nenas nados entre os anos 2007 e 2016 e desenvolverase no Auditorio Municipal dende o día 23 de decembro ata o día 3 de xaneiro de 9:00 a 14:30 e cun prezo total de 10 €. O período de inscrición comeza o día 11 de novembro e finaliza o día 25 de novembro e os formularios poderán recollerse no Centro de Información ás Mulleres, na Oficina de Atención Cidadá ou descargarse na páxina web www.nigran.es.

O número de prazas ofertadas estará limitada a 60 para garantir así un correcto ratio de atención aos pequenos e poder desenvolvela coa máxima calidade. Terán preferencia os empadroados en Nigrán ou non empadroados con pais/nais traballadores no municipio ou cun negocio. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola vía, nº65, Panxón, Nigrán. Tlf: 986 383081, correo electrónico: cim@nigran.org.

Anuncios