Curso formativo para coidadores e familiares de persoas cunha demencia en Baiona

Dende a Concellería de Servizos Sociais de Baiona e mediante a colaboración de AFAGA, desenvolverase o curso formativo “Xuntos nos coidados”, dirixido a coidadores e familiares de persoas con algunha demencia. Desenvolverase os días 14, 15, 21 e 22 de novembro de 17:00 a 19:00 horas no Edificio Multiusos Ángel Bedriñana. Para máis información ou inscricións, os interesados poden contactar con AFAGA no teléfono 986 22 37 97 ou no do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Baiona, 986 38 59 26.