Charla de Débora Iglesias no IEM

SONY DSC

O vindeiro venres 8 de novembro, Débora Iglesias ofrecerá a charla “A ameaza invisible nos océanos” na Aula Ponte de Rosas, o local do IEM en Gondomar, ás 20:00 horas. Débora Iglesias-Rodríguez é xa unha coñecida no IEM (ademais de nativa do noso Val de Miñor) por ser unha oceanógrafa que traballa nos mecanismos que controlan a diversidade e a función nos ecosistemas mariños. Licenciada na Universidade de Santiago de Compostela, doutorouse en Swansea, Reino Unido, 1996 cunha tese sobre a utilización de carbono no fitoplancto. Foi posteriormente galardoada cunha bolsa NERC para estudar a diversidade xenética en coccolitóforos (Bristol University, Reino Unido) e unha bolsa da NASA para modelar a súa distribución mediante datos por satélite (Rutgers University, EUA) Ata decembro de 2012, dirixiu un grupo de investigación no National Oceanography Center (Southampton, Reino Unido), centrado na bioluminescencia mariña e o efecto de Acidificación dos océanos no plancto mariño.