Doma natural e deporte paralímpico no IES Terra de Turonio

Este mércores 30 de outubro visitarán o IES Terra de Turonio a domadora galega Irene Gefaell e a deportista Desiré Vila, ex alumna do centro.

Irene Gefaell impartirá unha charla ao alumnado do Ciclo de Actividades Físico-Deportivas no Medio Natural e a alumnado da ESO que teñen interese na temática dos cabalos. Irene Gefaell é unha recoñecida especialista na doma de cabalos e en diversos aspectos do mundo equino como a súa biomecánica, etoloxía e coidados .Irene Gefaell ten impartido charlas por toda a península ibérica. Naceu en Portugal e actualmente reside en Pontevedra. Este acto terá lugar ás 12:00 horas no salón de actos do instituto.

Desi Vila, ex alumna do centro, impartirá unha charla ao alumnado do Ciclo e da ESO sobre os deportes paralímpicos xusto antes de partir para Dubai onde do 7 ao 15 de novembro se van celebrar os campionatos mundiais de atletismo. Esta charla será ás 13:30 horas.