Tres ouros e un acceso a primeira para o CPA Gondomar na III Fase Rexional

FOTO: JULI ROD

Esta fin de semana no Complexo Deportivo Álvaro Pino de Ponteareas, tivo lugar a dobre competición de patinaxe artística consistente na III Fase Rexional na modalidade de libre e en proba de acceso, onde o Club Patinaxe Artística Gondomar tivo os seus representantes Rodrigo Costas, Xiana Fernández, Sofía Fernández, Sara Abal, Ángela García e Manuel Estévez.

Os patinadores do CPA Gondomar, coa súa curta idade pero con gran forza e perseveranza, obtiveron tres primeiros postos -Rodrigo Costas en Alevín Masculino, Xiana Fernández en Alevín Feminino e Sofía Fernández en Cadete Feminino-, un cuarto -Sara Abal en Infantil Feminino-, un doceavo -Ángela García en Infantil Feminino- e un acceso a primeira de Manuel Estévez. Todo iso con grandes programas e unhas fabulosas actuacións que conseguiron mostrar a súa entrega á patinaxe. Lográrono xunto ao seu soporte e artífice, o seu adestrador David Figueroa, o cal lles acompañou en toda a xornada.

Anuncios