O Concello de Nigrán estreou esta mañá con preto de medio cento de maiores o seu programa municipal “Coñecendo a pé a nosa contorna”, consistindo este nunha andaina polo Camiño Portugués pola Costa dende Priegue á Ramallosa (fíxose neste sentido inverso para rebaixar a dificultade). O Concello dispuxo dun autobús gratuíto dende A Ramallosa e a camiñada, de preto de 3 horas, incluíu sendas visitas ao Pazo de Cea (Nigrán) e ao de Pías (A Ramallosa), ademais dunha merenda a base de froita e auga. O obxectivo deste novo programa de lecer deseñado para a xente de idade é promover o exercicio físico e a socialización, dúas cuestións fundamentais para manter unha vida saudable.
Preto de medio cento de maiores participa na andaina polo Camiño Portugués da Costa

