Nigrán continúa o mes do teatro con “Os tres grandes sinvergoñas”

O Concello de Nigrán continúa este sábado ás 20:00 horas no Auditorio Municipal co seu ciclo de teatro, recibindo nesta ocasión ao grupo de Salceda de Caselas Castro Barreiro coa obra “Os tres grandes sinvergoñas”. O Concello programa actuacións de grupos de teatro afeccionado da comarca ata o 16 de novembro, todas elas con entrada de balde e ata completar aforo. A seguinte será o 9 de novembro co nigranés Teatro do Ar representando “Distintas Compañías” e, finalmente, o 16 de novembro o grupo Expresión Teatro de Mourente con “Convivir”.