A Comisión de Festas de Vilas organiza unha ruta cabalar e churrascada

A Comisión de Festas de Vilas organiza o vindeiro domingo 27 de outubro unha ruta cabalar e churrascada. O roteiro, de 15 quilómetros aproximadamente, sairá ás 11:00 da mañá desde a subida ao bar Pouso. Haberá parada de descanso con petisco e refresco. Ao finalizar, ás 14:00 horas, comezará a churrascada no bar Pouso. Pola tarde, a partir das 16:30, haberá unha xincana e carreira de trotóns. O prezo do roteiro será de 5 euros (con petisco e refresco), mentres que os que queiran gozar do churrasco deberán abonar 12 euros (con chourizo, criollo, patacas, pan e sobremesa). Haberá música variada (disco, bachata, reggaetón, etc.). Se chove aprazarase para o domingo seguinte. Máis información e reservas no teléfono 603 430 860.

Anuncios